Galego / Galician language added to YNH webadmin

https://forum.yunohost.org/t/galego-galician-language-added-to-ynh-webadmin/17133

saúdos á comunidade de yunohosters galegas!!

nos últimos meses traducín a interface SSO (xa dispoñible) e a interface WebAdmin. Nos próximos días vai estar dispoñible e quixera pedir que por favor informásedes de calquera problema ou erro que puidese ter perpetrado. Desde fallos ao mecanografar ata utilizar palabras que non existen (en galego). Pódese informar directamente aquí respondendo a este tema ou ben directamente en weblate.

Intentei utilizar unha linguaxe inclusiva respetuosa co xénero de cada quen (usuaria = persoa usuaria) así como guiarme por academia.gal, exceptuando expresións e nomes técnicos como por exemplo “reverse-proxy”, que creo que ao traducilos engaden unha confusión que o nome en inglés facilita.

#yunohost #selfhosting #galego #galicia #tradución

There are no comments yet.